Sede electrónica
Cerrar
Campamento Romano de A Ciadella
Ver más en Recursos Turísticos

Campamento Romano de A Ciadella

Campamento Romano de A Ciadella

O xacemento arqueolóxico de A Ciadella foi interpretado desde o seu descubrimento a principios do século XX como un asentamento romano de indeterminada funcionalidade ou como mansión viaria, foi A. del Castillo na década dos anos 30 o que acertadamente o interpreta como un campamento romano. E precisamente este investigador o primeiro que realiza unhas escavacións oficiais no ano 1934. En 1981 retómanse as escavacións que se continuarán en 1983, 1989-90-91-92-93. O xacemento é marcado pola Xunta de Galicia en 1990.

O recinto campamental é rectangular coas esquinas redondeadas. As súas dimensións son: 172m de longo por 140m de ancho, o que equivale a unha extensión total de 2,40 Ha, que son as medidas idóneas para o asentamento dunha unidade militar de 500 homes, é dicir, unha cohorte.

O sistema defensivo do campamento baseábase nunha muralla que cerraba todo o recinto e un foxo que discorría paralelo á mesma pola súa parte exterior.

Da muralla, nas modernas escavacións puxéronse ó descuberto 52 m do tramo Oeste ao tramo central do Campamento. Ten unha anchura media de 1,15 metros e a súa altura máxima conservada é de 2,23 metros.

A cara interna da muralla está realizada con mampostería de procedencia local e colocada de forma que ó exterior asoman as facies mellor traballadas. Trátase de pedras de tamaño pequeno e medio trabadas entre si mediante arxila. A cara externa foi realizada sen ningunha preocupación por manter a aliñación e a estética. Esto orixina un paramento irregular no cal uns mampostos sobresaen sobre outros. Isto fainos pensar que a cara externa da muralla iría recuberta dun terraplén de terra.

Este tramo da muralla está reforzado mediante unha torre regular feita en mampostería e cuñas que presenta os esquinais feitos con sillares de granito. Forma parte de paramento sobresaíndo cara ao interior 150 metros e a súa lonxitude é de 3,50 metros.

Localizouse unha das catro portas que tería o campamento. Trátase da porta esquerda da Via Principalis. Estaba prácticamente arrasada, pero por distintos indicios podemos saber que se trataba dunha porta monumental de doble folla, flanqueada por dúas torres cadradas que sobresaían cara ao interior do Campamento. Consérvanse tamén restos de unha calzada pavimentada con lousas de xisto.

O sistema defensivo completábase con varios postos de vixilancia ubicados fora do Campamento. Escavouse un destes, coñecido coma "Medorra de Fanegas" e púidose comprobar que se trataba de un túmulo megalítico reaproveitado en época romana para construir enriba un pequeno edificio rectangular que se empregaría como lugar de garda e vixiancia.

Entre as construccións anteriores destaca o edificio central do campamento que corresponde ao Principia ou cuartel xeral. É de pranta rectangular, case cadrada de 29,50 metros de longo e 29,60 metros de ancho.

Ao interior do edificio accedíase por unha porta que daba á vía transversal do campamento ou Via Principalis e que debeu ser monumental, aínda que actualidade está arrasada. A dereita e esquerda desta porta hai dúas habitacións no edificio, atopámonos con dous patios adosados de planta rectangular de desigual anchura. Do primeiro patio saen dous canos de desague feitos con tégulas que conducen a auga fora do edificio, a canal da Via Principalis. Ao fondo do edificio existe un conxunto habitacional, destacando unha estancia exenta que forma eixo lonxitudinal coa porta de entrada e que corresponde ao Aedes, é dicir, un local de tipo relixioso e sacro. A dereita desta habitación, no ángulo NL do edificio, hai un grupo de seis habitacións de distintas dimensións e no ángulo NO dúas habitacións adosadas de planta rectangular.

Tanto os muros exteriores como os interiores do Principia están feitos con mampostería colocada en fiadas horizontais e trabadas entre sí mediante arxila ou argamasa e pequenas cuñas de pedra. Os muros exteriores remátanse nos ángulos con grandes sillares de granito. Os pavimentos son de terra batida misturada con arxila e aséntase sobre unha capa de pequenas pedras, que á súa vez se apoian sobre unha capa de pedra descomposta misturada con arxila.

Tamén se excavou unha habitación rectangular adosada ao tramo Oeste da muralla. Nela, fincada no pavimento, apareceu unha ara adicada á deusa Fortuna por un oficial desta unidade, concretamente un optio, chamado Valerius Lupus.

Na actualidade estase a escavar outros dous edificios centrais do campamento que é o correspondente ao Praetorio ou casa do xefe de guarnición. Trátase dun edificio rectangular de 38 metros de longo por 29,60 metros de ancho que está situado ao Leste do Principia separado del por un gran corredor e con fachada dando á Via Principalis. Consta de varios patios e habitacións rectangulares e un cano de desague feito con tégulas que atravesa todo o edificio.

Os materiais atopados no campamento son abundantes, destacando os cerámicos como é a cerámica común romana de variadísima tipoloxía, cerámicas de importación con son as sigillatas hispánicas procedentes dos talleres de Tricio (Rioja Alavesa) entre as que abundan os productos asinados polo alfareiro Maternus Blandus, ánforas do Mediterráneo Oriental, lucernas e materiais cerámicos de construcción.

Moedas que abarcan cronolóxicamente desde a época do emperador Domiciano (86 d.C.) ata Claudio o Gótico (270 d. C.). Gran variedad de obxectos de vidro, entre os que predominan as botellas e cuncas, así como contas e colgantes de pasta vítrea. Obxecto de bronce, aneis, pesas, fíbulas, fragmentos de courazas de escamas, reos de cabalos, etc. Materiais de ferro como son os cravos, abrazadeiras, coitelos, regatóns e puntas de lanza, remaches, etc, en proceso de estudio ou depositados no Museo Arqueolóxico e Histórico "Castelo de San Antón" (A Coruña).

Grazas ao achado de arredor de 300 tellas con marcas lexionarias e aos testemuños epigráficos, sabemos que a unidade militar que ocupou este campamento foi a Cohors I Celtiberorum. As modalidades de selos e grafías varian, aínda que predominan os selos rectangulares coas esquinas redondeadas con distintas lecturas con son: COH I C; C P C; C I C.

Esta unidade militar - que coñecíamos a través de varios testemuños epigráficos, así como por unha fonte escrita clásica que é a Notitia Dignitatum - procedente do Norte de África (Mauritania), en donde se documenta a súa presencia a fins do século II d. C. e permanece neste campamento ata ben entrado o ´seculo IV, no que se traslada a Iuliobriga (Reinosa - Santander).

Con posterioridade ao abandono campamental, este é ocupado de novo no século VII por unha poboación civil xermánica que reaproveita para as súas construccións algúns dos muros romanos que aínda se mantiñan en pé e outros son derrubados para reusar a pedra nas súas novas construccións e para readaptalos ao seu urbanismo.

O xacemento arqueolóxico de Cidadela sitúase a so 5 quilómetros da capital no noso Concello, ao lado da igrexa parroquial de Santa María de A Ciadella.

O acceso máis recomendable para chegar ao xacemento e´, partindo de Sobrado, seguir a estrada Sobrado - Teixeiro e a 200 metros coller á esquerda unha pista asfaltada, que ao cabo de 5 quilómetros nos deixa no núcleo de A Ciadella en donde se sitúa o campamento.

Información de contacto

  • Lugar de Igrexa, 15815 A Ciadella