Museo Bea Rey
O Museo Bea Rey nace pola necesidade de salvagardar, investigar e difundir o legado desta gran artista coruñesa, cunha traxectoria de 40 anos.
Beatriz Rey Gómez nace na Coruña o 17 de marzo de 1940. Filla de José Rey Romero, cofundador das fábricas cerámicas de Sargadelos e do Castro, e de María Luisa Gómez Guitián, medra nun ambiente marcado polas inquietudes culturais e artísticas, que lle permitiron porse en contacto con persoeiros do momento coma Rafael Dieste, Luis Seoane ou Eduardo Blanco Amor. Fórmase na Escola de Belas Artes de San Fernando. O seu carácter inconformista e sensible ás inxustizas lévaa a integrarse en varios grupos de marcado carácter social e de vocación divulgadora e democratizadora da arte, como por exemplo Estampa Popular Galega, grupo SISGA e grupo Puerta del Sol.
As súas obras amosan unha constante experimentación coas novas plásticas, ten como postulados comúns a xeometrización maila reducción das formas á esencia, a viveza das cores elegantemente contrastadas e o equilibrio compositivo derivado dun metódico e minucioso traballo, altamente meditado e estudado en cada un dos seus lenzos.
Información de contacto
- 981787810
- museobearey@museobearey.es
- www.museobearey.es
- Lugar Lago 3, 15815 Cumbraos Sobrado - A Coruña -