SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
- QUE É O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ?
Conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu entorno. O obxectivo é darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
- QUEN PODE ACCEDER?
A poboación infantil de 0 a 6 anos e as súas familias empadroados nos concellos de Sobrado, Curtis e Aranga.
- QUEN PRESTA O SERVIZO?
Un equipo profesional específico conformado por unha psicóloga, logopeda e terapeuta ocupacional.
- TEN ALGÚN CUSTO?
Non, é totalmente gratuíto
- ONDE SE PRESTA ESTE SERVIZO?
No Centro de Ocio do Colexio do CEIP de Curtis e Centro de Ocio de Teixeiro.
- COMO POIDO SOLICITALA?
As familias interesadas en acceder á citada atención poder dirixirse a atenciontemperaconcellodecurtis@gmail.com ou chamando ao Concello de Curtis no 981 789 003.