Sede electrónica
Cerrar
SOBRADO FORMA PARTE DE MIN!
Noticias

SOBRADO FORMA PARTE DE MIN!

SOBRADO FORMA PARTE DE MIN!

 

O Concello de Sobrado presentou na mañá de onte o novo video de Promoción Turística titulado "Sobrado forma parte de min!". A producción narra a historia de Érika Müller, escritora de viaxes, que ten por costume visitar Sobrado cada ano. Nesta ocasión explicará as razóns da súa decisión. 

Coa posta en escea de este video, o Concello de Sobrado fai unha forte aposta pola promoción do seu territorio a nivel nacional e internacional. Este produto será parte fundamental para darlle pulo á marca Sobrado nas Feiras Nacionais e Internacionais do sector ademais de permitir impulsar un dos principais motores económicos do territorio a nivel interno.

Podes acceder a "Sobrado forma parte de min!" picando no seguinte enlace.

https://youtu.be/eHxFzcxRKj0