
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016
“PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016 ”
Beneficiarios
Persoas que teñan ó seu cargo fillos menores de tres anos á data 01/01/2016 (nados entre o 02.01.2013 e o 01.01.2016 incluidos) e que, durante o ano 2014, nin eles nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigados a prestar a declaración do IRPF, nin a presentasen de xeito voluntario.
Requisitos:
Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
Que durante o ano 2014, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Contía da axuda:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Documentación a presentar :
-Fotocopia do libro de familia ou certificado literal de nacemento do rexistro civil.
-Certificado de empadroamento do conxunto de toda a unidade familiar.
-Copia da sentencia de separación, nulidade ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
Prazo para a presentación de solicitudes : ATA O 7 de MARZO DE 2016.
Se vostede reúne os requisitos e quere presentar esta solicitude pode facelo e obter máis información no Departamento de Servizos Sociais deste Concello, recordándolle que o horario de atención é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Sen mais e esperando que esta información sexa do seu interese, aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.