Sede electrónica
Cerrar
O Concello de Sobrado aproba en pleno un plan para facer fronte ao cambio climático e reducir emisións
Noticias

O Concello de Sobrado aproba en pleno un plan para facer fronte ao cambio climático e reducir emisións

O Concello de Sobrado aproba en pleno un plan para facer fronte ao cambio climático e reducir emisións

 

O pleno da corporación aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un programa que inclúe a elaboración dun inventario de emisións e medidas para, entre outros aspectos, reducir o consumo de enerxía e ser un concello mais resiliente ao cambio climático.

O  Concello de Sobrado sumouse  en febreiro do ano 2020 a iniciativa europea do Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía.  Este reúne ás autoridades locais e rexionais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos de clima e enerxía da Unión Europea no seu territorio.  Os asinantes teñen como obxectivo a redución das emisións de CO2 en polo menos un 40 % para 2030 e a aumentar o seu  resiliencia aos impactos do cambio climático.

No caso de Sobrado este plan permitirá non emitir 4.462,28 toneladas de CO2 o ano, o que equivale ao 40,3  % de redución ao respecto do ano de referencia, o 2010.

A estratexia recen aprobada inclúe 28 medidas de actuación en distintos sectores diferenciando a inversión privada e a pública, nas que destacan o sector de equipamentos municipais e o de transportes.

O concello márcase o obxectivo captar fondos europeos para financiar medidas como a substitución de luces LED ou uso da biomasa en instalacións públicas pero tamén incentivar que a veciñanza perciba axudas para as obras privadas como as da envolvente térmica dos edificios (ventás e fachadas).

Accións xa realizadas

O documento resalta que ata o momento, entre 2010 e 2020, realizáronse accións que supoñen unha redución do 4,4% polo que Sobrado ten demostrado que é posible cumprir co obxectivo marcado.

Unha rede europea permanente de intercambio de información

O Pacto dos Alcaldes é unha ferramenta que pretende reunir aos alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas a través da mellora da eficiencia enerxética no ámbito urbano, a redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático.

Financiación para a redacción do PACES

Para a redacción do documento recibiuse o apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do FEDER “Unha forma de facer Europa” que financiaron o 100% do custe do mesmo.

Mais información: https://pactodosalcaldes.gal/