Noticias
Obradoiro de Emprego "Terras da Montaña IV", Sobrado, Curtis e Vilasantar
Obradoiro de Emprego "Terras da Montaña IV", Sobrado, Curtis e Vilasantar
Obradoiro de Emprego “Terras da Montaña IV”, Sobrado, Curtis e Vilasantar.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu 503.987 euros aos Concellos de
Curtis, Sobrado e Vilasantar para iniciar en setembro de 2022 un Obradoiro de Emprego que
formará a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de xardinaría e forestais.
O concello de Curtis é o solicitante coordinador do programa, polo que o obradoiro estará situado
no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro (Curtis), ainda que o alumnado realizará actuacións de
mellora das zonas públicas verdes nos tres concellos durante un periodo de 12 meses.
Asemade do alumnado, realizaráse un proceso de selección para a contratación dun Director/a do
obradoiro, dous mestres para as especialidades, un/unha mestre/a de educación, un/unha mestre/a de
xestión empresarial e un/unha auxiliar administrativo/ a .
As persoas interesadas en participar no proceso de selección , como alumno/a ou persoal directivo,
docente e de apoio, poderán solicitalo na súa oficina de emprego ou a través da oficina virtual do
Servicio Público de Emprego ata o 18 de agosto de 2022.