
Visita institucional do Presidente da Deputación da Coruña
D. Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, acompañado do Deputado Provincial e Alcalde de Pontedeume Bernardo Fernández, visitou na mañá de onte Sobrado onde foi recibido polo Alcalde do Concello Lisardo Santos e algúns concelleiros da Corporación Municipal.
Na súa estancia en Sobrado o Presidente da Deputación destacou a importancia do Mosteiro de Santa María de Sobrado como Patrimonio da Humanidade así como as obras na estrada DP-8001 As Cruces- Penablanca que se iniciarán en breve.
González Formoso citou a posibilidade de actuación no Casco Urbán de Sobrado a través de un Plan de Patrimonio para acondicionamento do entorno do Mosteiro.
Podes ver a nova enteira no seguinte enlace https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=1506