Sede electrónica
Cerrar
CONSTITUCIÓN DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DO CONCELLO DE SOBRADO
Noticias

CONSTITUCIÓN DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DO CONCELLO DE SOBRADO

CONSTITUCIÓN DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DO CONCELLO DE SOBRADO

O Pleno do Concello de Sobrado, en sesión ordinaria celebrada o 7 de agosto de 2024, aprobou inicialmente o Regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Sobrado.

Durante o período de exposición ó público non se formularon reclamacións, elevándose a definitivo o acordo municipal adoptado, en explicación do artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, entrando en vigor ao día seguinte á publicación da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia núm. 192 do 4 de outubro de 2024, e permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Co fin de constituír a Agrupación e poñela en funcionamento ábrese o prazo inicial de 10 días dende a publicación deste anuncio no taboleiro de edictos e na web do concello, para que todos aqueles veciños/as que queiran formar parte da xunta directiva se inscriban no concello e permanecendo o prazo indefinido para os que só queiran ser voluntarios/as e participar nas actuacións propias da Agrupación.

Sobrado, 17 de outubro de 2024

O Alcalde,

Luis Lisardo Santos Ares

 

ANUNCIO

BOP