Sede electrónica
Cerrar
LOITO OFICIAL

LOITO OFICIAL

O Concello de Sobrado celebrou, na tarde de onte, un pleno extraordinario de carácter urxente polos tráxicos feitos acaecidos o 27 de marzo, xornada na que dous veciños do municipio perderon a vida.


No pleno acordouse decretar dous días de loito oficial para amosar a dor de todos e todas polo falecemento destes veciños.

Ata as 23.59 horas do 30 de marzo, as bandeiras de todos os edificios municipais ondearán a media hasta.

A corporación municipal mostra o seu pesar e apoio incondicional aos familiares e amigos das vítimas.