Sede electrónica
Cerrar
Mosteiro de Santa María de Sobrado
Ver más en Recursos Turísticos

Mosteiro de Santa María de Sobrado

Mosteiro de Santa María de Sobrado

O Mosteiro de Santa María de Sobrado foi fundado no ano 952 polos Condes de Présaras (Hermenexildo e Paterna).

Fundouse nun principio con un carácter familiar e dúplice: tiña unha sección para os homes e outra para as mulleres da familia. No seu comezo o Mosteiro chamábase de San Salvador e pertencía aos monxes benedictinos negros.

Logo de uns anos de desenvolvemento económico e espiritual a vida monacal entraría nunha fase de decadencia que remataría co abandono do Mosteiro.

Coa chegada dos monxes cistercenses franceses a terras galegas, os Condes de Traba e Alfonso VII tomárono baixo a súa protección no ano 1142, sendo o primeiro que se integra na Orde do Císter na Península Ibérica. Nesta etapa o Mosteiro convertirase nun dos máis poderosos de Galicia.

Datas importantes marcan a súa historia: 1147 o Papa Euxenio III  confirma a súa fundación, 1498, únese a Congregación Reformada do Císter, 1600-1700, anos e ampliación e grandes reformas do Mosteiro. Ao longo da historia momentos de esplendor e momentos de decadencia, segundo as vicisitudes do entorno galego e do resto de España.

Coincidindo coa reforma planeada polos Reis Católicos, a finais do século XV, viviranse os anos de maior esplendor, nos que se realizarán grandes obras tanto de enxeñería (represa do Tambre, actual Lagoa), como arquitectónicas (a igrexa e os Claustros...).

E así chegamos a 1834, cando ten lugar "o principio do fin". A Desamortización de Mendizábal, ao ano seguinte, traerá consigo o abandono e a case total destrución do Mosteiro. Desgraza para o Patrimonio Artístico e un fracaso no seu intento social. Pero non hai mal que por ben non veña, a nova presenza monástica significará unha etapa distinta, con relevancia social, cultural e relixiosa, derivada da renovación do Concilio Vaticano II.

O exército isabelino establecera no valeiro Mosteiro o cuartel xeral de operacións contra as tropas carlistas. Evacuouse no 1840. Ninguén se quixo facer cargo dos edificios quedando a merced dos saqueadores. O Goberno Central ordenou a súa pública subasta no 1848, 4 anos máis tarde comezou a destrución e o transporte de sillares sobretodo para Arzúa. Máis adiante chegouse a voar con dinamita a fermosa arcada do Claustro da Hospedería para erguer coas súas pedras a Casa Rectoral. A biblioteca e o arquivo así como o fermoso reloxo de unha das torres da Igrexa obra do ferrolán Antelo, sufriron as consecuencias, levándose dito reloxo a Betanzos. Desapareceron as grandes e artísticas reixas do templo, as sillerías do coro así como, cadros e mobles.

Os magníficos edificios libráronse de converterse en cascallos grazas a iniciativa do Cardenal don Miguel Payá y Rico, adquirindoas para a mitra compostelana. A igrexa retellouse e abriuse ó público a Capela do Rosario. Pero o único que se conseguiu foi deter a destrución sistemática do monumental cenobio. A gloriosa abadía de Santa María de Sobrado converteuse nun conxunto de ruinas cubertas de lozana vexetación.

A laboura do Pai Antonio Fernández Cid supuxo la admiración de cantos, con anterioridade, contemplaran o estado deplorable no que atopaba o Mosteiro.

As obras empezaron en setembro de 1954. Sendo no 1966 cando xa unha pequena colonia monástica procedente de Cóbreces (Cantabria) tomaba posesión do cenobio dende entón a nova Comunidade Cistercense habita este Mosteiro.

A Igrexa: de estilo barroco galego, aínda que se conserva tenuemente algunhas liñas do Renacemento. A súa construción prolongouse ó longo do século XVII, polo que aínda conserva algúns indicios de outras correntes artísticas.

A pranta da Igrexa é de Cruz Latina, con 3 naves, a central máis ancha que as laterais. Os pilares soportan a gran cúpula ou bóveda de cruceiro que ilumina unha parte da Igrexa. 

A Fachada: tamén de estilo barroco, o seu diseño de basas cuadradas e rematadas por tambor, cupulín e pináculo foron obra de Pedro de Monteagudo. Está dividida de abaixo a arriba en 4 corpos, no primeiro ábrese a porta adintelada entre columnas corintias estriadas. O segundo corpo está formado pola fornela da Virxe da Asunción rodeada de ánxeles, e os 4 lados columnas salomónicas. Un gran ventanal ilumina toda a Igrexa,  e un escudo de armas de España forma o terceiro corpo da fachada. Por último o frontón curvo partido serve de base a un enorme crucifixo. 

Consérvanse da antiga Igrexa do século X algúns restos artísticos.

As Capelas:

- Capela de Nosa Señora do Rosario: é obra de Domingo de Monteagudo, da súa planta cuadrada álcanse pilastras estriadas de capiteles que soportan un friso de fastuosa ornamentación barroca e unha cornisa volada. 4 arcos forneros sosteñen a cúpula e abren os ocos para as ventás. A portada é de arco de medio punto entre dous pares de columnas coríntias.

- Capela da Magdalena: posteriormente chamada de San Juan Bautista, é un fermosa reliquia do Románico Cistercense, de estilo oxival do último periodo. Destaca a bóveda de cañón apuntada con arcos faxóns e algúns indicios mozárabes. A portada reconstruiuse no ano 1613.

Os Claustros:

- Claustro da Hospedería: tamén chamado "dos Peregrinos". É de estilo herreriano e construeuse entre os anos 1623 e 1632. O Claustro forma ángulo recto coa Igrexa. Dimensións: 988,11 metros cadrados.

Claustro de Procesional: accedese pola escaleira denominada "Ave Maris Stella". Iniciouse en 1561 e as obras prolongáronse ata 1744. É rectangular e máis pequena que os outros dous. Tamén se lle da o nome de Claustro Reglar, ou das Caras. A peculiaridade de este Clautros radica nos medallóns con imaxes que serven de adorno á pranta superior. Son 36 medallóns repartidos repartidos en 12 para cada lado largo, e 6 nos cortos, que se localizan sobre as fiestras. No centro do claustro levantase unha fonte e ao lado sur esta a cociña. Dimensión: 1103.57 metros cadrados.

-Claustro grande: tamén chamado así polas súas grandes dimensións. Comezouse a finais do século XVI, e rematouse a mediados do século XVIII. Ten tres pisos de alto e a súa fachada máis de 100 metros de largo.Nel fanse actividades monacais cotidianas e áchase a sacristia.

-Sala Capitular: foi construida a primeiros do século XIII é de planta cadrada, con nove bóvedas de arista. Dimensións: 196,57 metros cadrados.

-Cocina: un verdadeiro monumento gótico que parece un claustro pequeno, cuxo patio estaba ocupado pola campana da chimenea. A súa campana é cadrada e con un lugar marcado nas súas esquinas por columnas que soportan o trenzado de unhas bóvedas de crucería cuatripartitas sen florón no centro. Dimensións: 116, 57 metros cadrados.

-Sacristía:  foi construida entre 1561 e 1575, según os planos de Juan de Herrera. De planta casi cadrada, esta cuberta por unha cúpula de media laranxa, rematada no centro por un óculo. É renacentista e a súa decoración expresa o papel dos pais da igrexa e varias representacións da Biblia. Dimensións 135.55 metros cadrados.

Información de contacto

  • 981787508
  • ocso.sobrado@gmail.com
  • www.monasteriodesobrado.org
  • C/ Convento 2 15813 Sobrado